viernes, 3 de abril de 2020

UNAI, OUTRO DOS NOSOS GRANDES DETECTIVES!

Bos días a todos, detectives!
Hoxe presentámosvos a Unai! Forma parte dos detectives de Leirado que está traballando moito durante estes días, e por eso nos quere ensinar os seus traballos! Tedes ganas de velos, verdade?
Pois atentos!
Unai estivo lendo moito, e resumindo tamén os contos que leu. Está claro que está aprendendo moito, moi ben Unai! Segue así! 




Ademáis de ler e de escribir, de facer operacións e problemas, Unai fixo un traballo marabilloso do Sistema Solar, seguro que vos encanta tanto como a nós, a que si?


Noraboa Unai por esforzaarte tanto e por facer uns traballos tan chulos! Ademais elixiu para realizar en plástica un dos animais... e mirade que ben lle quedou! Vós tamén fixestes esta mesma figura de origami?



Xenial detectives! Está claro que esta situación non vai poder connosco nin coas ganas que temos de aprender e de volver ao cole, verdade? Moitísimo ánimo para Unai e para todos os detectives, seguide traballando así, e xa queda menos para vernos!

Apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario