miércoles, 1 de abril de 2020

HOXE PRESENTÁMOSVOS A... OLALLA!

Bos días a todos detectives!
Encántanos recibir os vosos traballos, pero o que máis nos gusta é ver que estades sanos e alegres!
Hoxe, temos a Olalla, que nos vai ensinar todos os seus bonitos traballos, pero antes, como non, preséntanos o seu arco da vella para mandarnos moito ánimo desde a súa casa! Grazas Olalla!


Como podedes observar, tamén nos envía os traballos de ciencias, do Uso responsable da auga e do Sistema Solar, como se nota que se esforzou! Quedaron moi chulos! Noraboa!
Fixástesvos nos planetas? Seguro que recoñecedes Marte no traballo de Olalla, porque lle chamaban o planeta... de que cor? Ah, xa recordo, o planeta vermello!





Ademais nótase que a Olalla lle gusta moito facer as tarefas de clase, porque en plástica non fixo un dos animais, senon... os 5!!! E os decorou con moitos detalles. Xenial Olalla! Segue así!


Así que desde aquí, mando moito ánimo para que Olalla e os seus compañeiros sigan traballando así de ben, que non perdades o ritmo de estudo e de traballo porque sodes... uns superdetectives!!


Apertas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario