jueves, 2 de abril de 2020

E AQUÍ ESTÁ EFRÉN!

Ola queridos detectives, 

Como levades a semana? 
Antes de nada dicirvos que está á vosa disposición unha nova tarefa de música, a ver que nos preparou a profe Patri! Así que cando poidades, botádelle un vistazo!

Hoxe queremos presentar a outro dos nosos detectives supertraballadores, EFRÉN! 

Estes días leva traballando un montón e o ides comprobar a continuación. 
Pero antes de nada, Efrén nos manda moito ánimo, as súas palabras son: 
¡ÁNIMO AMIGOS, NOS VOLVEREMOS A VER PRONTO!
Moitas grazas Efrén, nós tamén temos moitas ganas de estar pronto todos xuntos!
Tamén nos envía un vídeo dando ánimos, queredes velo? Aquí o tedes!

Ademais, aquí podedes ver todo o que traballou Efrén,  mirade!

Entre todos estes traballos, Efrén preséntanos todo orgulloso o seus traballos do Uso responsable da auga e do Sistema Solar en 3D, e non é para menos, que chulada! Como traballou este detective!



Ademais, Efren realizou todos os animais de papiroflexia, e lle quedaron así de ben! 















Moi ben Efrén, sigue traballando así pero sobre todo sigue con esa sonrisa, que é o máis importante!

Moito ánimo a todos! Que saibades que tamén compartiremos algunha publicación coas superreceitas dos nosos detectives, que teñen pinta de estar deliciooooosas!!!

Seguide así, detectives!

Apertas para todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario