viernes, 19 de junio de 2020

SOMOS AUGA!

Bos días detectives, 

Hoxe é o último día de clase, así que en nada comezamos as vacacións! Como sabedes, queremos saber se podedes enviar algún vídeo de despedida do curso para os compañeiros, e estamos á espera de recibir moitos máis para facer un vídeo entre todos! Así que estade atentos que a próxima semana esperamos que haxa un vídeo novo no blog! Por iso queremos que participedes!

E antes de nada, aquí tedes o vídeo para SOMOS AUGA, o proxecto do cole de este curso. Entrevistamos a Ana Fernández e Camino Cid sobre a saúde, enfermidades como o coronavirus, e tamén sobre a hixiene e a AUGA!

Estades listos? Seguro que vos vai encantar, disfrutádeo moito! Fixestes un SUPERBO traballo!

Apertas detectives!
Felices vacacións e vémonos en setembro!

sábado, 13 de junio de 2020

AS VACACIÓNS XA ESTÁN AHÍ!

Bos días detectives!

Hoxe xa é sabado, e a próxima semana xa é a última do curso! Así que antes de nada queremos agradecervos o traballo que fixestes, o ben que traballastes e todo o que vos esforzastes a pesar de ter que traballar desde casa, nesta situación tan estraña que nos tocou vivir. 

Sodes realmente uns campións!!!!!!!!

Por iso, os profes sentímonos orgullosos de saber que os nosos alumnos son tan valentes e traballadores nestes momentos. Temos moitísimas ganas de reencontrarnos convosco!!!!

Pero por agora, parece que terá que ser despois das vacacións, que xa non queda nada!!!

Ah e aquí vos deixamos as CORRECCIÓNS DA SEMANA!

Xa sabedes, os que participastes nas entrevistas, tedes que ter no voso correo electrónico as indicacións de como continuar a actividade. Neste caso toca gravar en vídeo!! Estamos desexando ver os xornalistas profesionais que temos na clase!!! 😍😍

Boa fin de semana, detectives!

Apertas!!

lunes, 8 de junio de 2020

ATENCIÓN DETECTIVES!!!!

Ola detectives!!

Escribímosvos para dicirvos que os que non mandastes aínda as PREGUNTAS para as entrevistas, tedes ata mañá MÉRCORES DÍA 10 POLA MAÑÁ, para envialas, xa que deben ser enviadas as preguntas aos compañeiros para que realicen os vídeos!!!

Así que animádevos a participar, que remata o tempo!

Apertas, detectives!

sábado, 6 de junio de 2020

XA ESTÁ REMATANDO O CURSO!

Bos días detectives!

Hoxe é sábado, día no que xa podedes contar coas CORRECCIÓNS DAS TAREFAS e ademais coas TAREFAS PARA AS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS!!!!

O día 15 de xuño é festivo en Salvaterra, así que ese día teredes algo de descanso! 😉

Esta fin de semana aínda estamos recibindo as preguntas para realizar as entrevistas, polo que imos esperar ao luns para poder analizalas todas xuntas e repartilas entre os compañeiros. Estamos desexando realizar o vídeo! 😍

No referente ás últimas tarefas, son moi sinxelas, e estamos seguros de que vos van encantar!

Xa non queda nada para as vacacións, detectives! Moito ánimo e en nada, a descansar! Que o tedes ben merecido por ser tan traballadores! 

Boa semana e apertas!

lunes, 1 de junio de 2020

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Bos días detectives, 

Ademais de escribirvos para dicirvos que a profe de música xa ten no seu blog a próxima TAREFA DE MÚSICA, tamén vos escribimos para unha información importante. 

O día que corresponde asistir ás familias (se é posible só un membro) para RECOLLER O MATERIAL ESCOLAR, deberedes tamén DEVOLVER non só os LIBROS DE TEXTO de préstamo do centro, senon tamen as MOCHILAS VIAXEIRAS e os LIBROS DA BIBLIOTECA. Así que tede todo preparado para ese día, non vos olvidedes do material!


Moitas grazas a todos!


Apertas!