lunes, 3 de diciembre de 2018

O VOLCÁN EN ERUPCIÓN



Bos días a todos! 

 O mes de novembro foi o mes das ciencias, e nós tamén fomos científicos na nosa clase. Fixemos un experimento que nos encantou! Trátase dun volcán. No seu interior mesturamos bicarbonato, deterxente e colorante alimentario. Cando lle botamos vinagre, produciuse unha reacción química que provocou a erupción do noso volcán. Foi emocionante!!! Se queredes podedes facelo na casa, aquí está o vídeo explicando todos os pasos!




Asdo.: Os detectives de Leirado

viernes, 16 de noviembre de 2018

UNHA MAÑÁ NO TEATRO!

Bos días a todos! Esta semana viaxamos ata Ponteareas para poder ver unha obra de Migallas. Encantounos! Cantamos e rimos moito cos actores, qué ben o pasamos! Ademais xa coñeciamos algunha das cancións que cantaron, como a da Abuela Manuela!



Se queredes coñecer algo máis sobre este Grupo de Teatro, aquí tendes a súa páxina web https://migallas.gal/ !









Asdo.: Os detectives de Leirado

lunes, 5 de noviembre de 2018

O SAMAÍN DOS NOSOS DETECTIVES

Bos días a todos!

Volvemos ao cole despois duns días de descanso, porque a festa do Samaín deixounos agotados! Ademais traballamos moito nas nosas casas creando monstruos de cabazas e outros materiais para este día!

Pasámolo tan ben que este día haberá que recordalo!
Queredes ver o vídeo do monstruosos que estabamos?




Asdo.: Os detectives de Leirado

jueves, 25 de octubre de 2018

O DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe é o día da biblioteca, e para festexalo, visitamos a nosa, na que fixemos varias actividades moi divertidas!

Xogamos cos tragabolas, cos robots e tamén montamos puzzles e buscamos libros en toda a biblioteca. O tempo pasou voando!



A biblioteca é un lugar no que non só podemos ler. Tamén podemos estar nos ordenadores, buscar información e incluso xogar cos nosos robots!

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA A TODOS!


Asdo.: Os detectives de Leirado

martes, 23 de octubre de 2018

XOGAMOS?

Bos días!

Este curso iniciamos un novo proxecto, no que ademais tamén traballaremos co cole de Oliveira! Para poder coñecer o noso proxecto, para ver os traballos xa feitos ou as novas máis importantes, podemos visitar este blog! Botádelle unha ollada!

http://xogamosmellorxuntos.blogspot.com/



Asdo.: Os detectives de Leirado

lunes, 22 de octubre de 2018

EXCURSIÓN AO ECOPARQUE

Bos días a todos, e benvidos a unha nova semana! 



Hoxe empezamos a semana recordando o ben que o pasamos o venres, na excursión que fixemos ao Ecoparque de Marín. Subímonos ás árbores e penso que todos nos quedamos con ganas de repetir!




Así que para acordarnos deste gran día, aquí tendes un vídeo dos aventureiros de 2º de Primaria!





Asdo.: Os detectives de Leirado


jueves, 18 de octubre de 2018

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL



O outro día "visitamos" o interior dunha estación espacial. A moitos de nós gustounos tanto a vida dos astronautas que nos gustaría viaxar polo Sistema Solar! De feito, xa coñecemos moi ben todos os planetas que xiran en torno ao Sol! Aínda que o noso planeta preferido é o planeta no que vivimos, a Terra... ou non? 

Aquí tendes a Pedro Duque, o astronauta español que viaxou ata a Estación Espacial Internacional para ensinarnos como é a vida dos astronautas no espazo! Disfrutade da visita!



Fdo.: Os detectives de Leirado

A NOSA BIBLIO!

Bos días a todos!!!

Hoxe imos falar dun dos lugares que máis nos gusta do cole... A BIBLIO! Pacho Librín acompáñanos sempre que a visitamos. Pero... coñecedes o blog da biblio? 


Invitámosvos a visitalo, porque é xenial! Vídeos, xogos, contos, traballos e noticias do cole... todo iso poderedes atopalo no blog da biblio!


Clicade neste enlace para acceder ao blog:


http://abibliodeleirado.blogspot.com/



Fdo.: Os detectives de Leirado 







A CANCIÓN DO OUTONO

Xa estamos no OUTONO!!! E para festexalo, estes días a melodía do noso cole é unha canción que nos encanta, de Uxía Lambona e a Banda Molona!!
Queredes escoitala? Cantade connosco!




Asdo.: Os detectives de Leirado

miércoles, 17 de octubre de 2018

BENVIDOS AO NOSO BLOG!

Bos días a todos, hoxe é un gran día, porque acabamos de crear o noso blog da clase! Como somos uns grandes detectives pensamos en chamarlle ao noso blog " Os detectives de 2º". Ningún til nin ningunha maiúscula se nos escapa, porque fixámonos en todo! Ademais gústanos descubrir cousas do noso planeta e estamos preparados!


Con este blog poderemos revisar o visto na clase, coñecer cousas novas e como non, tamén divertirnos!


Así que non vos facemos esperar máis... BENVIDOS!!!!!


Fdo.: Os detectives de Leirado