martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS 3º PRIMARIA

Bos días, 

Unha vez máis queremos facer máis sinxelo o acceso a Google Drive, por iso neste enlace TAREFAS 3º PRIMARIA que quedará indicado nesta entrada do blog, poderedes acceder a todas as actividades da aula coa titora e tamén das actividades dalgunhas especialidades (excepto inglés e música).

Moito ánimo detectives!

Apertas!

PROBLEMAS TÉCNICOS!

Bos días a todos!

Esta semana parece que temos problemas técnicos porque algúns de vos non podedes ver as actividades de esta semana. As actividades levan colgadas dende o domingo, pero a carpeta parece que non quere ser compartida. Ás veces ás tecnoloxías son así e a inexperiencia tamén, por iso pregámosvos que nos perdoedes e aquí tedes as tarefas da semana TAREFAS DA 6A SEMANA
Se aínda tedes problemas coa visualización das tarefas, pregámosvos que nos enviedes un correo electrónico a osdetectivesdeleirado@gmail.com

Apertas!

jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Ola a todos!
Hoxe é un gran día! 
Sabemos que sodes grandes lectores, que vos encanta descubrir fantásticas aventuras e imaxinar novos mundos!!

Por iso, moitos dos nosos detectives queren contarnos os libros que leron estes días e compartilos connosco, para que nos animemos a lelos nós tamén. Queredes descubrilos? Aquí están!




FELIZ DÍA DO LIBRO DETECTIVES!

miércoles, 22 de abril de 2020

NOTA IMPORTANTE!

Atención detectives!!!

A actividade da recreación da portada consiste en utilizar diferentes materias para representala vos mesmos, mirade os exemplos que están no blog da biblio!

https://abibliodeleirado.blogspot.com/2020/04/estamos-cubertas-de-creatividade.html




Así que se aínda tedes tempo, xa sabedes, a recrear portadas!

Apertas

domingo, 19 de abril de 2020

UNHA NOVA SEMANA COMEZA!

Bos días detectives!

Hoxe comeza unha semana máis pero non é unha semana calsquera, senon que se trata dunha semana moi especial! 

O xoves será o Día do Libro, e para festexalo, faremos algunhas actividades que esperamos que vos gusten, estades preparados?


A todo esto, o Teacher Rafa ten un novo blog, no que publicará diferentes actividades ao longo destas semanas. Pasade a visitalo! Está na parte dereita do blog, na parte dos BLOGS FAVORITOS! E como non, o da nosa Biblioteca, non volo perdades!

Moito ánimo, e a seguir traballando! 

Apertas!

miércoles, 15 de abril de 2020

A QUEN LLE GUSTA A PIZZA?

Bos días detectives!
Antes de nada, dicirvos que xa tedes dispoñibles as tarefas para estes días que quedan da semana, así como as tarefas de Relixión e de Reforzo!

Ademais a CHEF NADIA preparounos... unha pizza! Seguro que vos encanta tanto como a min! Así que antes de nada, se queredes ver como o fixo, deixámosvos unhas fotografías para que vos dea ganas de facela... Mirade!













Se queredes facela vos mesmos, buscade a receita en RECEITAS DOS DETECTIVES e atoparedes paso a paso como realizala. Moitas grazas CHEF NADIA! E aos demais CHEFS tamén, así dan ganas de cociñar! 

Apertas!

HOXE QUE TEMOS DE POSTRE?

Bos días a todos! 

Hoxe presentámosvos algúns dos nosos chefs e as súas receitas. Tedes fame? Pois atención!

A quen lle gusta o chocolate? Seguro que a todos! Pois aquí temos a receita do CHEF EFRÉN, que nos presenta o seu biscoito de chocolate! Mmmm que ganas de facelo!



Ademais, dous dos nosos CHEFS detectives atrevéronse tamén a facer receitas similares, porque adoramos o chocolate, verdade? 
Aquí tedes a receita da CHEF OLALLA!! Parece delicioso!!









Tamén o noso CHEF UNAI decidiuse por facer un biscoito de chocolate, mirade que contento estaba facendo a receita, así da gusto! A súa receita poderédela atopar en Google Drive, na carpeta de RECEITAS DOS DETECTIVES, xunto coas receitas doutros grandes CHEFS de Leirado como son as receitas da CHEF MARÍA e do CHEF ALEJANDRO!!! Botádelle un vistazo porque son receitas deliciosas!!!




Animádevos a cociñar, detectives, para ser uns grandes CHEFS! Moitas grazas aos nosos queridos CHEFS por compartir as súas receitas connosco!

E continuade traballando moito!

Apertas!


martes, 14 de abril de 2020

DAMOS A BENVIDA AOS NOSOS COCIÑEIROS!

Bos días a todos! 

Antes de nada, xa tedes á vosa disposición as tarefas para estes días en Google Drive: TAREFAS 4A SEMANA así como tamén novas tarefas na carpeta de Inglés, Educación Física e Música!

Hoxe presentámosvos a dous cociñeiros expertos que nos van ensinar as súas receitas. Se queredes podedes elaboralas tamén na casa. Queredes velas?

En primeiro lugar presentámosvos ao CHEF ANDRÉ! Vainos preparar unha rica receita de peitugas de polo para comer, queredes vela?




Ademais de ter esta receita tan rica para comer, tamén nos falta un postre, que vos parece se o CHEF JAVIER nos presenta a súa tarta de queixo? Aquí a tedes!!!















Moitas grazas aos nosos chefs por compartir a súa receita! Así que xa sabedes detectives! se queredes ser uns chefs de primeira, animádevos a facelas todas!

Proximamente mostraremos algunha receita máis dos nosos chefs!

Apertas!

lunes, 13 de abril de 2020

AQUÍ ESTÁ NOA!

Bos días a todos, 

Presentámosvos a Noa! Outra das nosas detectives que estes días os aproveita para traballar moito!
Queredes ver algúns dos seus traballos? Atentos!

Comezamos polos seus traballos de papiroflexia, que chulada!!






E vedes o seu Sistema Solar? Que marabilla!!! Ademais de seguir a orde correcta dos planetas, están moi ben pintados, moi ben Noa, sigue traballando así!




E Noa tamén nos presenta varias receitas de cociña, queredes probalas??? A cociñar!!!!



Encántanos recibir os vosos traballos! Xenial! Seguide así! Moito ánimo detectives!

Apertas!

domingo, 5 de abril de 2020

FELICES VACACIONS!

Ola detectives! 

Como xa sabedes rematou a segunda avaliación, e agora toca descansar un pouco, así que aproveitade, porque á volta continuaremos traballando un montón!

Os profes de Leirado desexámosvos unhas boas vacacións e enviámosvos moito ánimo para seguir adiante, por iso fixemos un video con todo o cariño do mundo. Esperamos que vos guste!




Felices vacacións detectives!

Apertas!

HOXE TOCA COÑECER A ALEJANDRO!

Bos días detectives!

Como xa sabedes, na clase de terceiro en Leirado temos uns detectives moi listos, simpáticos e traballadores, ou non? 

Hoxe queremos presentarvos a Alejandro! Estes días estivo traballando moito, e por iso agora quere compartir connosco todos os seus traballos, xa veredes que chulada!

A continuación podedes ver a historia que creou Alejandro, e o resumo dun conto, moi ben Alejandro, estás traballando un montón! 



Ademais mirade que contento e ourgulloso está ensinándonos o seu Sistema Solar e o seu Uso responsable da auga, mirade qué ben lle quedou! Xenial, Alejandro!




Como non, Alejandro tamén quixo facer as figuras de origami, e decidiu facelas todas!! Mirade que ben lle quedaron, e que bo sitio atopou para decorar a súa casa con eles! Que chulada!



Moi ben Alejandro, segue así, traballando moito! Temos moitas ganas de volver ao cole para disfrutar outra vez xuntos, pero mentres non pode ser, continúa con esa sonrisa!

Moito ánimo a todos, detectives!

Apertas!

sábado, 4 de abril de 2020

PRESENTÁMOSVOS A... NADIA!

Ola a todos, detectives!

Temos o pracer de presentarvos outra das nosas detectives de Leirado. É Nadia! Ela atópase na súa casa traballando, aprendendo e estamos seguros de que tamén le un montón, co que lle gusta!
Quere mandarnos moitos ánimos, para que pronto poidamos estar xuntos e olvidar todo este tempo que temos que quedar na casa, así que fixo un arco da vella chulísimo para que nos animemos e quedemos na casa, mirade!


Ademais estivo facendo as actividades, entre elas o traballo do Uso responsable da auga, e quere compartilo connosco, a que tedes ganas de descubrir como é o seu traballo? 


Encántanos! É moi orixinal e está moi ben feito! Non me extraña que esteas así de sonriente, fixeches un bo traballo! 

Moito ánimo para estes días, segue traballando así de ben e que sigas moi contenta! E xa sabedes detectives, os que queirades compartir connosco algunha tarefa, enviádea ao noso correo electrónico osdetectivesdeleirado@gmail.com

Apertas!


viernes, 3 de abril de 2020

UNAI, OUTRO DOS NOSOS GRANDES DETECTIVES!

Bos días a todos, detectives!
Hoxe presentámosvos a Unai! Forma parte dos detectives de Leirado que está traballando moito durante estes días, e por eso nos quere ensinar os seus traballos! Tedes ganas de velos, verdade?
Pois atentos!
Unai estivo lendo moito, e resumindo tamén os contos que leu. Está claro que está aprendendo moito, moi ben Unai! Segue así! 




Ademáis de ler e de escribir, de facer operacións e problemas, Unai fixo un traballo marabilloso do Sistema Solar, seguro que vos encanta tanto como a nós, a que si?


Noraboa Unai por esforzaarte tanto e por facer uns traballos tan chulos! Ademais elixiu para realizar en plástica un dos animais... e mirade que ben lle quedou! Vós tamén fixestes esta mesma figura de origami?



Xenial detectives! Está claro que esta situación non vai poder connosco nin coas ganas que temos de aprender e de volver ao cole, verdade? Moitísimo ánimo para Unai e para todos os detectives, seguide traballando así, e xa queda menos para vernos!

Apertas!

jueves, 2 de abril de 2020

E AQUÍ ESTÁ EFRÉN!

Ola queridos detectives, 

Como levades a semana? 
Antes de nada dicirvos que está á vosa disposición unha nova tarefa de música, a ver que nos preparou a profe Patri! Así que cando poidades, botádelle un vistazo!

Hoxe queremos presentar a outro dos nosos detectives supertraballadores, EFRÉN! 

Estes días leva traballando un montón e o ides comprobar a continuación. 
Pero antes de nada, Efrén nos manda moito ánimo, as súas palabras son: 
¡ÁNIMO AMIGOS, NOS VOLVEREMOS A VER PRONTO!
Moitas grazas Efrén, nós tamén temos moitas ganas de estar pronto todos xuntos!
Tamén nos envía un vídeo dando ánimos, queredes velo? Aquí o tedes!

Ademais, aquí podedes ver todo o que traballou Efrén,  mirade!

Entre todos estes traballos, Efrén preséntanos todo orgulloso o seus traballos do Uso responsable da auga e do Sistema Solar en 3D, e non é para menos, que chulada! Como traballou este detective!



Ademais, Efren realizou todos os animais de papiroflexia, e lle quedaron así de ben! 















Moi ben Efrén, sigue traballando así pero sobre todo sigue con esa sonrisa, que é o máis importante!

Moito ánimo a todos! Que saibades que tamén compartiremos algunha publicación coas superreceitas dos nosos detectives, que teñen pinta de estar deliciooooosas!!!

Seguide así, detectives!

Apertas para todos!