miércoles, 15 de abril de 2020

HOXE QUE TEMOS DE POSTRE?

Bos días a todos! 

Hoxe presentámosvos algúns dos nosos chefs e as súas receitas. Tedes fame? Pois atención!

A quen lle gusta o chocolate? Seguro que a todos! Pois aquí temos a receita do CHEF EFRÉN, que nos presenta o seu biscoito de chocolate! Mmmm que ganas de facelo!



Ademais, dous dos nosos CHEFS detectives atrevéronse tamén a facer receitas similares, porque adoramos o chocolate, verdade? 
Aquí tedes a receita da CHEF OLALLA!! Parece delicioso!!









Tamén o noso CHEF UNAI decidiuse por facer un biscoito de chocolate, mirade que contento estaba facendo a receita, así da gusto! A súa receita poderédela atopar en Google Drive, na carpeta de RECEITAS DOS DETECTIVES, xunto coas receitas doutros grandes CHEFS de Leirado como son as receitas da CHEF MARÍA e do CHEF ALEJANDRO!!! Botádelle un vistazo porque son receitas deliciosas!!!




Animádevos a cociñar, detectives, para ser uns grandes CHEFS! Moitas grazas aos nosos queridos CHEFS por compartir as súas receitas connosco!

E continuade traballando moito!

Apertas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario