sábado, 4 de abril de 2020

PRESENTÁMOSVOS A... NADIA!

Ola a todos, detectives!

Temos o pracer de presentarvos outra das nosas detectives de Leirado. É Nadia! Ela atópase na súa casa traballando, aprendendo e estamos seguros de que tamén le un montón, co que lle gusta!
Quere mandarnos moitos ánimos, para que pronto poidamos estar xuntos e olvidar todo este tempo que temos que quedar na casa, así que fixo un arco da vella chulísimo para que nos animemos e quedemos na casa, mirade!


Ademais estivo facendo as actividades, entre elas o traballo do Uso responsable da auga, e quere compartilo connosco, a que tedes ganas de descubrir como é o seu traballo? 


Encántanos! É moi orixinal e está moi ben feito! Non me extraña que esteas así de sonriente, fixeches un bo traballo! 

Moito ánimo para estes días, segue traballando así de ben e que sigas moi contenta! E xa sabedes detectives, os que queirades compartir connosco algunha tarefa, enviádea ao noso correo electrónico osdetectivesdeleirado@gmail.com

Apertas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario