martes, 31 de marzo de 2020

OS NOSOS DETECTIVES DE HOXE SON... IKER E THIAGO!

Ola a todos, detectives!

Hoxe temos o pracer de presentarvos a dous detectives desta clase. Son dous irmáns que están traballando todos os días! 
Desde a súa casa nos mandan moito ánimo cos seus arcos da vella para seguir adiante, porque TODO VAI SAÍR BEN! 

 

Ademais, estes días están traballando moito, e queren compartir connosco o seu recuncho de traballo, no que teñen todo o material necesario para facer as tarefas, moi ben, campións!

Queren ensinarnos algúns dos seus traballos destes días, queredes velos? 
Na súa tarefa de papiroflexia, cada un elixiu un animal diferente, sabedes de que animais se tratan? Pois si, un canciño e un porquiño! Que lindos!


Tamén nos queren presentar o seu traballo do Sistema Solar... Que marabilla! Seguro que recoñecedes cada un dos planetas... Cal será o planeta Terra?

















Como podedes observar, temos uns detectives moi traballadores, proximamente vos presentaremos máis detectives... Estade atentos!

Moitas grazas Iker e Thiago por mostrarnos estes traballos tan chulos! Seguide así, moi ben!

Ata pronto!

Apertas!

domingo, 29 de marzo de 2020

UNHA NOVA SEMANA COMEZA...

Ola a todos, detectives! 
Unha semana nova nos espera, chea de actividades que vos van encantar... Estades preparados?
Déixovos o enlace coas actividades da nova semana: TAREFAS DE CLASE
Estade atentos, porque esta semana teremos varias entradas novas, cos traballos de varios detectives!

Que teñades unha boa semana, ánimo detectives!

Apertas!


sábado, 28 de marzo de 2020

REVISAMOS AS DIVISIÓNS

Bos días detectives! 

Antes de nada, debo dicirvos que xa están dispoñibles as correccións das tarefas desta semana, tanto de inglés como das demáis materias! E andamos argallando nos traballiños para a semana próxima! Espero que vos gusten!

Xa temos fotos dos traballos que fixeron varios detectives ao longo destes días, e podo dicirvos que son... Unha marabilla! 

Así que estade atentos, porque un día destes, outros detectives serán os que nos ensinen os seus traballos no blog... E os demáis, animádevos!!!


 Por último, para revisar un pouco as divisións, para que non se nos olviden e collamos práctica... aquí vos deixo algúns enlaces con xogos interactivos.




Moita sorte!

Apertas!

viernes, 27 de marzo de 2020

HOXE É O TURNO DO DETECTIVE YAGO!

Bos días a todos os detectives de Leirado!

Hoxe queremos compartir unha mensaxe de ánimo para todos! Yago preparou un arco da vella para animarnos a quedar na casa e coa mensaxe positiva de que todo vai saír ben... aquí o tedes!



Estes días Yago estivo traballando moito, e quere compartir connosco o traballo tan xenial que fixo do USO RESPONSABLE DA AUGA! Moitas grazas Yago!





E aquí temos tamén a imaxe do animal que escolleu para facer o origami! Que ben lle quedou! 



Moitísimas grazas por compartir connosco estes traballos tan bonitos!!

Xa sabedes, se queredes compartir as vosas creacións mandádeas a osdetectivesdeleirado@gmail.com! Temos moitas ganas de velas!

Apertas!

jueves, 26 de marzo de 2020

TEMOS UNHA TAREFA DE MÚSICA, ATENTOS!

Ola detectives!
Xa estamos case rematando a semana, que tal levades as tarefas? Son moi longas, moi curtas... Queredes máis ou fanse demasiadas... Necesitamos coñecer a vosa opinión! Podedes comentar aquí mesmo no blog para saber que tal o levades, como estades... 

Antes de nada, dicir que tedes algunhas TAREFAS máis de relixión para traballar estas semanas nas que se achega a Semana Santa. E hoxe tamén a profe Patricia mandou unha tarefa de música que vos vai encantar:

   Deberedes escoitar a canción de  "Happy" do seguinte link: https://www.youtube.com/watch?v=YteMhrQvfCo
    
   Para ir apuntando os instrumentos musicais que escoitades na canción e clasificalos segundo a familia (vento corda e percusión). 

   E despois, volver polo e realizar o baile.  E se conseguides que algúen da familia vos acompañe moito mellor! 

Ánimo detectives, seguide traballando así de ben...

E por certo, mañá a próxima entrada do blog estará adicada a un compañeiro que nos vai mandar moito ánimo e que ademáis nos vai mandar algún dos seus traballos...

Queredes saber quen é?

Mañá o descubriremos! 

Ata mañá!

Apertas!


lunes, 23 de marzo de 2020

Tamén temos Educación física!

Bos días a todos!
Hoxe empeza unha nova semana, e entre os documentos para traballar tamén están  incluidas unhas actividades e recomendacións de Educación física!

Agora... A traballar!

Moito ánimo detectives!

Apertas!

domingo, 22 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA UNHA NOVA SEMANA

Ola a todos, detectives!

Unha nova semana comeza, e seguiremos traballando un pouco, así que aquí vos deixo as novas TAREFAS DA SEMANA!!!

Entre estas tarefas tamén hai unha actividade para plástica, consiste na realización de animais de origami (papiroflexia), aquí tedes o enlace para acceder: ORIGAMI DE ANIMAIS

Xa sabedes, se queredes enviar os vosos arcos da vella, fotos dalgún traballo realizado ou se tedes algunha dúbida, enviade un correo electrónico!

Ánimo detectives, pasade unha boa semana!

Apertas!

sábado, 21 de marzo de 2020

INFORMACIÓN PARA OS DETECTIVES

Bos días a todos!

Que tal estades detectives? Tedes ganas de volver ao cole? Esperamos que a resposta sexa un si!! 
Os profes tamén queren volver, pero hai que aguantar un pouquiño, xa queda menos! 

Antes de nada, dicir que sodes uns campións, porque quedar todos os días na casa non é tarefa fácil, pero estou segura de que o estades facendo xenial! 

Supoño que tedes o voso tempo en casa para facer as actividades do cole, para ler, para escribir, non? Se é así, perfecto!
Para os que non o teñades, aconséllovos que busquedes un tempo cada día, á mesma hora, para facer algunhas tarefas. É moi necesario non perder o ritmo.

Hoxe escribo no blog para dicirvos dúas cousas. 

A primeira delas é que xa está á vosa disposición un documento coas CORRECCIÓNS DAS TAREFAS da semana pasada, para que poidades revisalas e ver se están correctas. Xa sabedes, se tedes algunha dúbida, enviádeme un correo electrónico e intentarei solucionala o antes posible. 

Pero hoxe tamén teño unha petición especial. Algúns de vos quizais sabedes que estes días en todas as casas estanse a colocar nas ventás arcos da vella coa frase TODO VAI SAÍR BEN. Se queredes, podedes facer o voso arco da vella e enviar unha foto ou un vídeo curto ensinando o voso debuxo e dando ánimos aos demais compañeiros, que vos parece? Animádevos, cantos máis sexamos mellor!!

Enviade ao correo dos Detectives de Leirado a vosa foto ou vídeo curto e nuns días os colgaremos no blog!

Moito ánimo, Detectives!

domingo, 15 de marzo de 2020

TRABALLAMOS DESDE CASA!

Bos días a todos!

Como xa sabedes, estes días están sendo algo "diferentes", xa que temos que quedarnos na casa, pero eso non vai impedir que poidamos seguir preparándonos para ser uns grandes detectives. Por iso, os profes deixaron unhas tarefas para realizar estes próximos días. 

Para esta semana, a titora preparou unhas tarefas, do luns ao mércores, dado que o xoves e venres teríamos unha longa fin de semana. 

O teacher preparou unhas fichas e unhas indicacións para traballar durante todos estes días. 

A profe de Relixión tamén deixou tarefas para o xoves 26 de marzo, pero xa están dispoñibles. 

Clicade no enlace para acceder ás tarefas: TAREFAS PARA OS DETECTIVES DE 3º
Podedes pedirlle ás vosas familias que vos axuden a descargar as tarefas ou a imprimilas.

Se tedes algunha dúbida ou consulta referente ás tarefas, podedes enviar un correo electrónico a:

osdetectivesdeleirado@gmail.com