viernes, 19 de junio de 2020

SOMOS AUGA!

Bos días detectives, 

Hoxe é o último día de clase, así que en nada comezamos as vacacións! Como sabedes, queremos saber se podedes enviar algún vídeo de despedida do curso para os compañeiros, e estamos á espera de recibir moitos máis para facer un vídeo entre todos! Así que estade atentos que a próxima semana esperamos que haxa un vídeo novo no blog! Por iso queremos que participedes!

E antes de nada, aquí tedes o vídeo para SOMOS AUGA, o proxecto do cole de este curso. Entrevistamos a Ana Fernández e Camino Cid sobre a saúde, enfermidades como o coronavirus, e tamén sobre a hixiene e a AUGA!

Estades listos? Seguro que vos vai encantar, disfrutádeo moito! Fixestes un SUPERBO traballo!

Apertas detectives!
Felices vacacións e vémonos en setembro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario