sábado, 6 de junio de 2020

XA ESTÁ REMATANDO O CURSO!

Bos días detectives!

Hoxe é sábado, día no que xa podedes contar coas CORRECCIÓNS DAS TAREFAS e ademais coas TAREFAS PARA AS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS!!!!

O día 15 de xuño é festivo en Salvaterra, así que ese día teredes algo de descanso! 😉

Esta fin de semana aínda estamos recibindo as preguntas para realizar as entrevistas, polo que imos esperar ao luns para poder analizalas todas xuntas e repartilas entre os compañeiros. Estamos desexando realizar o vídeo! 😍

No referente ás últimas tarefas, son moi sinxelas, e estamos seguros de que vos van encantar!

Xa non queda nada para as vacacións, detectives! Moito ánimo e en nada, a descansar! Que o tedes ben merecido por ser tan traballadores! 

Boa semana e apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario