sábado, 13 de junio de 2020

AS VACACIÓNS XA ESTÁN AHÍ!

Bos días detectives!

Hoxe xa é sabado, e a próxima semana xa é a última do curso! Así que antes de nada queremos agradecervos o traballo que fixestes, o ben que traballastes e todo o que vos esforzastes a pesar de ter que traballar desde casa, nesta situación tan estraña que nos tocou vivir. 

Sodes realmente uns campións!!!!!!!!

Por iso, os profes sentímonos orgullosos de saber que os nosos alumnos son tan valentes e traballadores nestes momentos. Temos moitísimas ganas de reencontrarnos convosco!!!!

Pero por agora, parece que terá que ser despois das vacacións, que xa non queda nada!!!

Ah e aquí vos deixamos as CORRECCIÓNS DA SEMANA!

Xa sabedes, os que participastes nas entrevistas, tedes que ter no voso correo electrónico as indicacións de como continuar a actividade. Neste caso toca gravar en vídeo!! Estamos desexando ver os xornalistas profesionais que temos na clase!!! 😍😍

Boa fin de semana, detectives!

Apertas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario