jueves, 2 de julio de 2020

ESTAMOS DE VACACIÓNS!

Bos días detectives!

Xa estamos de vacacións, así que aquí vos deixamos un vídeo dos compañeiros e dos profes que desexan que descansedes, que xoguedes,  que vaiades á piscina, á praia, ao campo ou que simplemente esteades coa familia, que é o máis importante. Este verán será diferente, pero non por iso ten que ser peor. 

Os profes desexamos vervos en setembro coas pilas cargadas, con ganas de aprender e de desfrutar xuntos!

O blog tamén pecha por vacacións!

Moitas grazas por todo o voso esforzo, por todo o voso traballo e polo voso bo humor!

Desexámosvos un feliz verán e que sexades moi felices! 

Grazas por ser uns alumnos tan marabillosos! Foi un gran placer ser a vosa titora todos estes cursos! Agora a recargar as pilas para cuarto!

Moita sorte, detectives, sodes uns campións!

Apertas enormes!





No hay comentarios:

Publicar un comentario