Antes do Samaín fomos á cociña e fixemos uns monstros de plastilina, despois os decoramos con pompóns, ollos, limpapipas e palliñas. Aquí tedes a receita para facer os monstros:
- 2 vasos de fariña
- 1 vasos de auga
- 1 vaso de sal
- 2 cucharadas de aceite.
Colocalo todo nun recipiente e a amasar!
Velaquí o resultado dos nosos monstros terroríficos!
E velaquí o noso día de Samaín! Menudo medo dan estes monstros maléficos! A pesar das circunstancias aínda o pasamos moi ben!
Para conmemorar esta data tan importante, que incluimos no noso proxecto A TOPE COA SAÚDE!, os detectives fixeron un programa de radio en directo, que se escoitou en todo o colexio antes da hora do recreo. Para os que non poidestes escoitar este programa, aquí o tedes enteiro, non tedes máis que clicar! Disfrutade!
Ademais, todos os alumnos do cole elaboraron un vídeo no que cantan unha canción que aprenderon para o momento de lavar as mans, queredes velo? Aquí o tedes!
O primeiro que fixemos foi pintar os planetas, que son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
Despois os recortamos. E os pegamos nunha cartolina, o decoramos e o levamos para casa.
Velaquí unhas fotos para que vexades o ben que nos quedaron!
Ademais esta semana seguimos traballando cos planetas, e máis concretamente, coñecendo mellor o noso planeta, o planeta Terra e as partes nas que se divide!
Seguiremos descubrindo máis cousas sobre a Terra, esperamos que vos gusten... Apertas!!
Temos o pracer de presentarvos aos novos detectives de Leirado!!! Este curso Olga, Martín, Izan, Eloi, Valentina e Adrián mostrarán neste blog todo o que van traballar durante este novo curso!
Xa estamos de vacacións, así que aquí vos deixamos un vídeo dos compañeiros e dos profes que desexan que descansedes, que xoguedes, que vaiades á piscina, á praia, ao campo ou que simplemente esteades coa familia, que é o máis importante. Este verán será diferente, pero non por iso ten que ser peor.
Os profes desexamos vervos en setembro coas pilas cargadas, con ganas de aprender e de desfrutar xuntos!
O blog tamén pecha por vacacións!
Moitas grazas por todo o voso esforzo, por todo o voso traballo e polo voso bo humor!
Desexámosvos un feliz verán e que sexades moi felices!
Grazas por ser uns alumnos tan marabillosos! Foi un gran placer ser a vosa titora todos estes cursos! Agora a recargar as pilas para cuarto!
Hoxe é o último día de clase, así que en nada comezamos as vacacións! Como sabedes, queremos saber se podedes enviar algún vídeo de despedida do curso para os compañeiros, e estamos á espera de recibir moitos máis para facer un vídeo entre todos! Así que estade atentos que a próxima semana esperamos que haxa un vídeo novo no blog! Por iso queremos que participedes!
E antes de nada, aquí tedes o vídeo para SOMOS AUGA, o proxecto do cole de este curso. Entrevistamos a Ana Fernández e Camino Cid sobre a saúde, enfermidades como o coronavirus, e tamén sobre a hixiene e a AUGA!
Estades listos? Seguro que vos vai encantar, disfrutádeo moito! Fixestes un SUPERBO traballo!
Hoxe xa é sabado, e a próxima semana xa é a última do curso! Así que antes de nada queremos agradecervos o traballo que fixestes, o ben que traballastes e todo o que vos esforzastes a pesar de ter que traballar desde casa, nesta situación tan estraña que nos tocou vivir.
Sodes realmente uns campións!!!!!!!!
Por iso, os profes sentímonos orgullosos de saber que os nosos alumnos son tan valentes e traballadores nestes momentos. Temos moitísimas ganas de reencontrarnos convosco!!!!
Pero por agora, parece que terá que ser despois das vacacións, que xa non queda nada!!!
Xa sabedes, os que participastes nas entrevistas, tedes que ter no voso correo electrónico as indicacións de como continuar a actividade. Neste caso toca gravar en vídeo!! Estamos desexando ver os xornalistas profesionais que temos na clase!!! 😍😍
Escribímosvos para dicirvos que os que non mandastes aínda as PREGUNTAS para as entrevistas, tedes ata mañá MÉRCORES DÍA 10 POLA MAÑÁ, para envialas, xa que deben ser enviadas as preguntas aos compañeiros para que realicen os vídeos!!!
Así que animádevos a participar, que remata o tempo!
O día 15 de xuño é festivo en Salvaterra, así que ese día teredes algo de descanso! 😉
Esta fin de semana aínda estamos recibindo as preguntas para realizar as entrevistas, polo que imos esperar ao luns para poder analizalas todas xuntas e repartilas entre os compañeiros. Estamos desexando realizar o vídeo! 😍
No referente ás últimas tarefas, son moi sinxelas, e estamos seguros de que vos van encantar!
Xa non queda nada para as vacacións, detectives! Moito ánimo e en nada, a descansar! Que o tedes ben merecido por ser tan traballadores!
Ademais de escribirvos para dicirvos que a profe de música xa ten no seu blog a próxima TAREFA DE MÚSICA, tamén vos escribimos para unha información importante.
O día que corresponde asistir ás familias (se é posible só un membro) para RECOLLER O MATERIAL ESCOLAR, deberedes tamén DEVOLVER non só os LIBROS DE TEXTO de préstamo do centro, senon tamen as MOCHILAS VIAXEIRAS e os LIBROS DA BIBLIOTECA. Así que tede todo preparado para ese día, non vos olvidedes do material!
Aquí vos deixamos as correccións de todas as fichas desta semana, sobre todo para os que non as fixestes de maneira interactiva: CORRECCIÓNS
Tamén vos deixamos o enlace ás tarefas da próxima semana, para que vaiades botando un vistazo tanto ás actividades tan chula que vos propoñemos, como a que nos propoñen desde a biblio, para o noso proxecto "SOMOS AUGA". Tedes toda esta semana (ata a fin de semana próxima) para enviarlles a súa actividade: TAREFAS 11A SEMANA
Por último, dicir que tamén a profe Alba (Reforzo) e o teacher, teñen novas actividades propostas para a próxima semana.
Unha semana máis estades traballando moito, verdade que si?
Antes de nada dicirvos varias cousas:
1. As actividades interactivas non fai falta que sexan enviadas por fotografía! Estamos seguros de que vos van gustar moito! :)
2. As actividades de Educación Física para estas semanas xa están dispoñibles no Drive: ACTIVIDADES
3. As actividades de Música están dispoñibles no seu blog, neste enlace: BLOG DE MÚSICA
E despois de informarvos de todo esto, queremos deixar aquí algúns traballiños destes días dalgúns dos nosos detectives, esperamos que vos gusten tanto como a nós! E por certo... NOS TAMÉN VOS BOTAMOS MOITO DE MENOS!!!!! 😔 Pero moito ánimo detectives!! Pronto poderemos vernos!!!
😉😊❤
MOITAS GRAZAS A TODOS, POR SEGUIR TRABALLANDO TANTO E TAN BEN, POR ESFORZARVOS, E COMO NON, POR CONTINUAR CUN GRAN SORRISO!!!!