domingo, 18 de octubre de 2020

O SISTEMA SOLAR

A semana pasada fixemos o noso SISTEMA SOLAR. 

O primeiro que fixemos foi pintar os planetas, que son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Despois os recortamos. E os pegamos nunha cartolina, o decoramos e o levamos para casa.

Velaquí unhas fotos para que vexades o ben que nos quedaron!







Ademais esta semana seguimos traballando cos planetas, e máis concretamente, coñecendo mellor o noso planeta, o planeta Terra e as partes nas que se divide!







Seguiremos descubrindo máis cousas sobre a Terra, esperamos que vos gusten... Apertas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario