domingo, 18 de octubre de 2020

O DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

Para conmemorar esta data tan importante, que incluimos no noso proxecto A TOPE COA SAÚDE!, os detectives fixeron un programa de radio en directo, que se escoitou en todo o colexio antes da hora do recreo. Para os que non poidestes escoitar este programa, aquí o tedes enteiro, non tedes máis que clicar! Disfrutade!

PROGRAMA DE RADIO

Ademais, todos os alumnos do cole elaboraron un vídeo no que cantan unha canción que aprenderon para o momento de lavar as mans, queredes velo? Aquí o tedes!

Apertas!











O SISTEMA SOLAR

A semana pasada fixemos o noso SISTEMA SOLAR. 

O primeiro que fixemos foi pintar os planetas, que son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Despois os recortamos. E os pegamos nunha cartolina, o decoramos e o levamos para casa.

Velaquí unhas fotos para que vexades o ben que nos quedaron!







Ademais esta semana seguimos traballando cos planetas, e máis concretamente, coñecendo mellor o noso planeta, o planeta Terra e as partes nas que se divide!







Seguiremos descubrindo máis cousas sobre a Terra, esperamos que vos gusten... Apertas!!


jueves, 24 de septiembre de 2020

O ALFABETO ANIMAL

Esta semana rematamos o noso alfabeto de animais: abella, bolboreta, can, dromedario, elefante e moitos máis.

Aqui tedes o resultado.












APERTAS!!

A NOSA HORA DE LER!!

Estes días aproveitamos que facia bo tempo para ler no patio. Aquí tedes varias fotos para que vexades como nos gusta a lectura ao aire libre.
Martín
Adrián  Valentina
Olga
Eloi
Izan


APERTAS!!

lunes, 14 de septiembre de 2020

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!

 Bos días a todos!!


Temos o pracer de presentarvos aos novos detectives de Leirado!!! Este curso Olga, Martín, Izan, Eloi, Valentina e Adrián mostrarán neste blog todo o que van traballar durante este novo curso!





Moito ánimo e que disfutedes de terceiro!


Apertas!



jueves, 2 de julio de 2020

ESTAMOS DE VACACIÓNS!

Bos días detectives!

Xa estamos de vacacións, así que aquí vos deixamos un vídeo dos compañeiros e dos profes que desexan que descansedes, que xoguedes,  que vaiades á piscina, á praia, ao campo ou que simplemente esteades coa familia, que é o máis importante. Este verán será diferente, pero non por iso ten que ser peor. 

Os profes desexamos vervos en setembro coas pilas cargadas, con ganas de aprender e de desfrutar xuntos!

O blog tamén pecha por vacacións!

Moitas grazas por todo o voso esforzo, por todo o voso traballo e polo voso bo humor!

Desexámosvos un feliz verán e que sexades moi felices! 

Grazas por ser uns alumnos tan marabillosos! Foi un gran placer ser a vosa titora todos estes cursos! Agora a recargar as pilas para cuarto!

Moita sorte, detectives, sodes uns campións!

Apertas enormes!





viernes, 19 de junio de 2020

SOMOS AUGA!

Bos días detectives, 

Hoxe é o último día de clase, así que en nada comezamos as vacacións! Como sabedes, queremos saber se podedes enviar algún vídeo de despedida do curso para os compañeiros, e estamos á espera de recibir moitos máis para facer un vídeo entre todos! Así que estade atentos que a próxima semana esperamos que haxa un vídeo novo no blog! Por iso queremos que participedes!

E antes de nada, aquí tedes o vídeo para SOMOS AUGA, o proxecto do cole de este curso. Entrevistamos a Ana Fernández e Camino Cid sobre a saúde, enfermidades como o coronavirus, e tamén sobre a hixiene e a AUGA!

Estades listos? Seguro que vos vai encantar, disfrutádeo moito! Fixestes un SUPERBO traballo!

Apertas detectives!
Felices vacacións e vémonos en setembro!