Antes de nada, dicir que aquí tedes as TAREFAS DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO! Esperamos que vos gusten!
Tamén quero suliñar neste día, todo o esforzo que estades facendo tanto os alumnos como as vosas familias. Sabemos que esta situación non é sinxela, ademais de estarse prolongando no tempo máis do que pensabamos. Por todo iso darvos as GRAZAS, por esforzarvos cada día, por intentar traballar na casa coma se estiverades no cole e por continuar cun sorriso a pesar do momento que estamos vivindo.
Esto é novo para todos, polo tanto tamén me gustaría asegurarvos que os mestres, dentro das nosas posibilidades e da nosa situación, intentamos facelo o mellor posible. Esforzámonos cada día porque todos e cada un poidades seguir levando o curso da maneira máis "normal" que se pode nestes momentos.
Por último, quero deixar claro que comprendemos que cada situación persoal e familiar é diferente, e intentamos adaptarnos a cada unha das situacións. Tamén me gustaría este tipo de comprensión cara o profesorado. Dentro da nosas posibilidades, intentamos continuar co curso escolar, solucionar todos os problemas que poden xurdir o máis rápido posible, e tamén ofrecer facilidades dependendo das necesidades de cada familia. Por iso pregámosvos paciencia e comprensión, porque estes momentos non son sinxelos para ninguén. Se nos apoiamos entre todos, poderemos conseguir saír adiante.
Que teñades unha boa semana!
Apertas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario