viernes, 8 de mayo de 2020

PREPARANDO A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA...

Boas tardes detectives!
Estamos recibindo as vosas fotos da primavera e a verdade é que nos encantan! Que marabilla!

Sodes uns grandes fotógrafos, e por iso nas próximas publicacións veremos o resultado do voso traballo!

Hoxe queremos comentarvos varias cousas: 

1. Xa tedes á vosa disposición as correccións das actividades desta semana: CORRECCIÓNS DA SEMANA 7

2. A semana próxima é unha semana moi especial, xa que imos preparar unha actividade para O DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 
Para que comecedes a coñecer ao escritor ao que se lle dedica este día, RICARDO CARVALHO CALERO, deixámosvos un enlace ao blog de Dinamización da Lingua Galega (ao que tamén podedes acceder clicando nos blogs favoritos na columna da dereita). 
No blog hai uns xogos interactivos que vos van encantar, para poder pasar o tempo e poder coñecer mellor ao escritor, estades preparados? Clicade na imaxe para acceder aos xogos: 



Nestes días actualizaremos o blog coas vosas fotos, aínda estamos esperando a que cheguen máis, non tardedes en envialas, estamos desexando subilas todas ao blog!

Unha aperta e boa fin de semana detectives!



No hay comentarios:

Publicar un comentario