sábado, 30 de mayo de 2020

XA QUEDA MENOS!

Bos días detectives!

Aquí vos deixamos as correccións de todas as fichas desta semana, sobre todo para os que non as fixestes de maneira interactiva: CORRECCIÓNS

Tamén vos deixamos o enlace ás tarefas da próxima semana, para que vaiades botando un vistazo tanto ás actividades tan chula que vos propoñemos, como a que nos propoñen desde a biblio, para o noso proxecto "SOMOS AUGA". Tedes toda esta semana (ata a fin de semana próxima) para enviarlles a súa actividade: TAREFAS 11A SEMANA

Por último, dicir que tamén a profe Alba (Reforzo) e o teacher, teñen novas actividades propostas para a próxima semana.

Boa fin de semana detectives!

Xa queda menos, moito ánimo!
Apertas!

lunes, 25 de mayo de 2020

ATENTOS!

Ola detectives!

Unha semana máis estades traballando moito, verdade que si?

Antes de nada dicirvos varias cousas:

1. As actividades interactivas non fai falta que sexan enviadas por fotografía! Estamos seguros de que vos van gustar moito! :)

2. As actividades de Educación Física para estas semanas xa están dispoñibles no Drive: ACTIVIDADES

3. As actividades de Música están dispoñibles no seu blog, neste enlace: BLOG DE MÚSICA

E despois de informarvos de todo esto, queremos deixar aquí algúns traballiños destes días dalgúns dos nosos detectives, esperamos que vos gusten tanto como a nós! E por certo... NOS TAMÉN VOS BOTAMOS MOITO DE MENOS!!!!! 😔 Pero moito ánimo detectives!! Pronto poderemos vernos!!! 
😉😊❤










 








MOITAS GRAZAS A TODOS, POR SEGUIR TRABALLANDO TANTO E TAN BEN, POR ESFORZARVOS, E COMO NON, POR CONTINUAR CUN GRAN SORRISO!!!!

Apertas!!


sábado, 23 de mayo de 2020

UNHA SEMANA MÁIS

Bos días a todos, detectives!

Que tal estades levando este mes de maio? Esperamos que esteades todos ben, que é o máis importante!

Hoxe deixámosvos no Drive as CORRECCIÓNS das actividades desta semana. Tamén podedes ir botando un vistazo ás ACTIVIDADES 10A SEMANA. Son actividades moi sinxelas! Ademais, tamén están as actividades de Relixión, Inglés, e Reforzo coa profe Alba. 

Que teñades unha boa fin de semana!

Apertas!

domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Bos días detectives!

Hoxe é un día especial en toda Galicia, xa que é un día no que se festexa a lingua e a cultura galegas. Cada ano, este día se lle dedica a algún escritor ou defensor da nosa lingua e cultura. Este ano como xa sabedes, dedícaselle a Ricardo Carvalho Calero!

Os alumnos do cole realizaron estes traballos, así que podedes ver neste vídeo o ben que coñecen a Ricardo e a súa obra. Disfrutade do vídeo!





Tamén dicir que contades coas CORRECCIÓNS DAS TAREFAS desta semana, así como coas TAREFAS DA 9A SEMANA

Que teñades unha boa semana!

Apertas!

miércoles, 13 de mayo de 2020

INFORMACIÓNS DO DÍA!

Bos días detectives!

Hoxe é mércores, estamos xa na metade da semana, que tal o levades?

Antes de nada dicir que seguro que xa tedes as tarefas do Teacher, e tamén a tarefa de música, que por se aínda non entrástedes no blog, é esta: MÚSICA!

Temos ganas de presentarvos un vídeo xenial, realizado por Paula, a profe de Educación Física, na que todos estamos facendo exercicio físico, moi necesario para manter unha boa saúde. Así que aquí o tedes!




IMPORTANTE!!! Como información ás familias, dicir que na páxina web do cole están publicadas as programacións do terceiro trimestre, para quen queira consultalas! Aquí vos deixamos o enlace á páxina web! CEIP LEIRADO

Apertas!


domingo, 10 de mayo de 2020

AQUÍ ESTÁ A NOSA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA!

Ola detectives!

Antes de nada, comentarvos que xa están dispoñibles as tarefas desta semana, unha semana moi especial, a das LETRAS GALEGAS! Aquí podedes ver as actividades que temos preparadas esta semana! ACTIVIDADES SEMANA 8 da titoría, Relixión, Educación Física e Reforzo coa profe Alba. 


Pero... o prometido era poder desfrutar tamén dunha bonita EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA grazas aos nosos detectives, que buscaron as mellores fotos para representar a primavera, queredes vela? Aquí tedes!















MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POLO GRAN TRABALLO REALIZADO, DETECTIVES! COAS VOSAS MARABILLOSAS FOTOS E COA EXPLICACIÓN DE CADA UNHA DELAS, ACABADES DE FACERNOS DESFRUTAR  DESTA PRIMAVERA, AÍNDA QUE SEXA DE MANEIRA DIFERENTE!

APERTAS!

viernes, 8 de mayo de 2020

PREPARANDO A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA...

Boas tardes detectives!
Estamos recibindo as vosas fotos da primavera e a verdade é que nos encantan! Que marabilla!

Sodes uns grandes fotógrafos, e por iso nas próximas publicacións veremos o resultado do voso traballo!

Hoxe queremos comentarvos varias cousas: 

1. Xa tedes á vosa disposición as correccións das actividades desta semana: CORRECCIÓNS DA SEMANA 7

2. A semana próxima é unha semana moi especial, xa que imos preparar unha actividade para O DÍA DAS LETRAS GALEGAS! 
Para que comecedes a coñecer ao escritor ao que se lle dedica este día, RICARDO CARVALHO CALERO, deixámosvos un enlace ao blog de Dinamización da Lingua Galega (ao que tamén podedes acceder clicando nos blogs favoritos na columna da dereita). 
No blog hai uns xogos interactivos que vos van encantar, para poder pasar o tempo e poder coñecer mellor ao escritor, estades preparados? Clicade na imaxe para acceder aos xogos: 



Nestes días actualizaremos o blog coas vosas fotos, aínda estamos esperando a que cheguen máis, non tardedes en envialas, estamos desexando subilas todas ao blog!

Unha aperta e boa fin de semana detectives!



lunes, 4 de mayo de 2020

TAREFAS DOUTRAS ESPECIALIDADES!

Bos días detectives, 

Soamente comentar que esta semana teredes tarefas de Inglés que vos indicará o "teacher". No referente a Educación Física, continuaredes coa actividade da semana pasada. Non haberá tarefas de Relixión esta semana, e por último, a profe de Música ten as tarefas no seu blog adlibitumleirado.blogspot.com, no enlace TAREFAS DE 3º

E recordade, sempre que queirades, podedes acceder dende o noso blog aos de Inglés, de Música e da Biblioteca!(So tedes que clicar no enlace da columna da dereita);)

Boa semana detectives!

Apertas!

domingo, 3 de mayo de 2020

TAREFAS PARA UNHA NOVA SEMANA!


Antes de nada, dicir que aquí tedes as TAREFAS DA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO! Esperamos que vos gusten!

Tamén quero suliñar neste día, todo o esforzo que estades facendo tanto os alumnos como as vosas familias. Sabemos que esta situación non é sinxela, ademais de estarse prolongando no tempo máis do que pensabamos. Por todo iso darvos as GRAZAS, por esforzarvos cada día, por intentar traballar na casa coma se estiverades no cole e por continuar cun sorriso a pesar do momento que estamos vivindo. 

Esto é novo para todos, polo tanto tamén me gustaría asegurarvos que os mestres, dentro das nosas posibilidades e da nosa situación, intentamos facelo o mellor posible. Esforzámonos cada día porque todos e cada un poidades seguir levando o curso da maneira máis "normal" que se pode nestes momentos.

Por último, quero deixar claro que comprendemos que cada situación persoal e familiar é diferente, e intentamos adaptarnos a cada unha das situacións. Tamén me gustaría este tipo de comprensión cara o profesorado. Dentro da nosas posibilidades, intentamos continuar co curso escolar, solucionar todos os problemas que poden xurdir o máis rápido posible, e tamén ofrecer facilidades dependendo das necesidades de cada familia. Por iso pregámosvos paciencia e comprensión, porque estes momentos non son sinxelos para ninguén. Se nos apoiamos entre todos, poderemos conseguir saír adiante. 

Que teñades unha boa semana!

Apertas!

viernes, 1 de mayo de 2020

FELIZ DÍA 1 DE MAIO!

Bos días detectives!

Antes de nada dicir que xa tedes á vosa disposición a ficha de correccións das tarefas desta semana: CORRECCIONS

Hoxe é un día festivo, porque é o Día do Traballador! Gustaríame ensinarvos unha tradición moi bonita que existe en Francia, Bélxica, Suiza e Luxemburgo para este día. Consiste en regalar aos seres queridos un ramo de "muguet" (unhas flores pequenas blancas con forma de campana, chamadas lirios dos vales)para desexar moita sorte. É unha especie de amuleto ("porte-bonheur").

Así que a min tamén me gustaría ofrecervos un, detectives! Moita sorte!

Lirio del Valle

Apertas!