martes, 16 de febrero de 2021

ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

 Bos días a todos! Fai tempo que non nos pasamos por aquí, pero eso non significa que deixáramos de traballar, ao contrario! Traballamos tanto que non nos deu tempo de subir os nosos traballiños ao blog!

Así que aquí tedes algúns dos traballos que fixemos durante o primeiro trimestre! Estades preparados?


Primeiro, durante o mes de novembro, tivemos os martes pola mañá un obradoiro de emocións. Ivonne ensinounos entre outras cousas que ningunha emoción é mala, e que podemos xestionar cada unha de elas nós mesmos.








Durante este mes tamén aprendimos a facer chapas, e realizamos unha o 25N, o Día internacional da Non Violencia contra as mulleres! 





Neste mes, en Ciencias da Natureza traballamos moito sobre as funcións vitais dos seres vivos, e máis concretamente sobre A NUTRICIÓN. Gústanvos os nosos traballos? A verdade é que estes detectives o fixeron moi ben!





Por último, cada un de nós fixemos unha silueta, e despois os nosos compañeiros escribiron cousas boas de cada un. A verdade é que tempos moitas cousas positivas que quizais non cñecíamos pero que os nosos compañeiros as valoran! Hoxe sentímonos moi ben!






Esperamos que vos gustaran os nosos traballos! 

Apertas!





miércoles, 25 de noviembre de 2020

OS NOSOS MONSTROS DE PLASTILINA

Antes do Samaín fomos á cociña e fixemos uns monstros de plastilina, despois os decoramos con pompóns, ollos, limpapipas e palliñas. Aquí tedes a receita para facer os monstros:

 

- 2 vasos de fariña

- 1 vasos de auga

- 1 vaso de sal 

- 2 cucharadas de aceite.

 Colocalo todo nun recipiente e a amasar!














Velaquí o resultado dos nosos monstros terroríficos! 











E velaquí o noso día de Samaín! Menudo medo dan estes monstros maléficos! A pesar das circunstancias aínda o pasamos moi ben!




Apertas!



































































domingo, 18 de octubre de 2020

O DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

Para conmemorar esta data tan importante, que incluimos no noso proxecto A TOPE COA SAÚDE!, os detectives fixeron un programa de radio en directo, que se escoitou en todo o colexio antes da hora do recreo. Para os que non poidestes escoitar este programa, aquí o tedes enteiro, non tedes máis que clicar! Disfrutade!

PROGRAMA DE RADIO

Ademais, todos os alumnos do cole elaboraron un vídeo no que cantan unha canción que aprenderon para o momento de lavar as mans, queredes velo? Aquí o tedes!

Apertas!











O SISTEMA SOLAR

A semana pasada fixemos o noso SISTEMA SOLAR. 

O primeiro que fixemos foi pintar os planetas, que son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Despois os recortamos. E os pegamos nunha cartolina, o decoramos e o levamos para casa.

Velaquí unhas fotos para que vexades o ben que nos quedaron!







Ademais esta semana seguimos traballando cos planetas, e máis concretamente, coñecendo mellor o noso planeta, o planeta Terra e as partes nas que se divide!







Seguiremos descubrindo máis cousas sobre a Terra, esperamos que vos gusten... Apertas!!


jueves, 24 de septiembre de 2020

O ALFABETO ANIMAL

Esta semana rematamos o noso alfabeto de animais: abella, bolboreta, can, dromedario, elefante e moitos máis.

Aqui tedes o resultado.












APERTAS!!

A NOSA HORA DE LER!!

Estes días aproveitamos que facia bo tempo para ler no patio. Aquí tedes varias fotos para que vexades como nos gusta a lectura ao aire libre.
Martín
Adrián  Valentina
Olga
Eloi
Izan


APERTAS!!

lunes, 14 de septiembre de 2020

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!

 Bos días a todos!!


Temos o pracer de presentarvos aos novos detectives de Leirado!!! Este curso Olga, Martín, Izan, Eloi, Valentina e Adrián mostrarán neste blog todo o que van traballar durante este novo curso!





Moito ánimo e que disfutedes de terceiro!


Apertas!