domingo, 18 de octubre de 2020

O DÍA MUNDIAL DO LAVADO DE MANS

Para conmemorar esta data tan importante, que incluimos no noso proxecto A TOPE COA SAÚDE!, os detectives fixeron un programa de radio en directo, que se escoitou en todo o colexio antes da hora do recreo. Para os que non poidestes escoitar este programa, aquí o tedes enteiro, non tedes máis que clicar! Disfrutade!

PROGRAMA DE RADIO

Ademais, todos os alumnos do cole elaboraron un vídeo no que cantan unha canción que aprenderon para o momento de lavar as mans, queredes velo? Aquí o tedes!

Apertas!











O SISTEMA SOLAR

A semana pasada fixemos o noso SISTEMA SOLAR. 

O primeiro que fixemos foi pintar os planetas, que son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Despois os recortamos. E os pegamos nunha cartolina, o decoramos e o levamos para casa.

Velaquí unhas fotos para que vexades o ben que nos quedaron!







Ademais esta semana seguimos traballando cos planetas, e máis concretamente, coñecendo mellor o noso planeta, o planeta Terra e as partes nas que se divide!







Seguiremos descubrindo máis cousas sobre a Terra, esperamos que vos gusten... Apertas!!