Aquí deixamos enlaces con actividades para practicar a diferencia entre g e j, atentos!! Só tendes que pinchar nos enlaces e a xogar!! 😃😃😃
viernes, 17 de enero de 2020
TRABALLAMOS G E J EN LINGUA CASTELÁ
BOS DÍAS A TODOS!
Estes días estamos traballando sobre as diferencias entre G e J, pero como temos aínda algunhas dificultades, decidimos incluír no noso blog algúns vídeos para repasar e para que nos quede máis clara a diferencia, aquí os tendes !!! Agora moito ánimo e a practicar moito!!!
lunes, 2 de diciembre de 2019
OS DETECTIVES EN 3º : SOMOS AUGA
VIDEO
Bos días a todos!!!
Este curso estamos traballando sobre o tema da auga, e o noso curso investigou sobre os ríos. Aquí tendes o noso traballo e o vídeo dos nosos experimentos con auga.
Esperamos que vos guste!
martes, 15 de enero de 2019
BENVIDOS AO 2019!
Bos días a todos!
Xa estamos de volta coas forzas renovadas e moita enerxía! A verdade é que o pasamos xenial nas vacacións pero xa botábamos de menos o cole!
Para empezar con forza coñecimos a historia dos xoguetes que nos van acompañar durante todo o curso, os Playmobil!
Na súa páxina web hai un montón de cousas para facer. O que máis nos gusta son os cómics, que podemos ler no ordenador ou na tablet! Aquí vos deixamos o enlace para que poidades visitala!
Asdo.: Os Detectives de Leirado
lunes, 3 de diciembre de 2018
O VOLCÁN EN ERUPCIÓN
Bos días a todos!
O mes de novembro foi o mes das ciencias, e nós tamén fomos científicos
na nosa clase. Fixemos un experimento que nos encantou! Trátase dun
volcán. No seu interior mesturamos bicarbonato, deterxente e colorante
alimentario. Cando lle botamos vinagre, produciuse unha reacción química
que provocou a erupción do noso volcán. Foi emocionante!!! Se queredes
podedes facelo na casa, aquí está o vídeo explicando todos os pasos!
Asdo.: Os detectives de Leirado
viernes, 16 de noviembre de 2018
UNHA MAÑÁ NO TEATRO!
Bos días a todos! Esta semana viaxamos ata Ponteareas para poder ver unha obra de Migallas. Encantounos! Cantamos e rimos moito cos actores, qué ben o pasamos! Ademais xa coñeciamos algunha das cancións que cantaron, como a da Abuela Manuela!
Se queredes coñecer algo máis sobre este Grupo de Teatro, aquí tendes a súa páxina web https://migallas.gal/ !
Asdo.: Os detectives de Leirado
lunes, 5 de noviembre de 2018
O SAMAÍN DOS NOSOS DETECTIVES
Bos días a todos!
Volvemos ao cole despois duns días de descanso, porque a festa do Samaín deixounos agotados! Ademais traballamos moito nas nosas casas creando monstruos de cabazas e outros materiais para este día!
Pasámolo tan ben que este día haberá que recordalo!
Queredes ver o vídeo do monstruosos que estabamos?
Pasámolo tan ben que este día haberá que recordalo!
Queredes ver o vídeo do monstruosos que estabamos?
Asdo.: Os detectives de Leirado
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


