jueves, 18 de febrero de 2021
O ENTROIDO!
O NADAL
A TAREFA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO NOSO PROXECTO
Bos días!
Este curso estamos traballando o proxecto: A TOPE COA SAÚDE!
Por este motivo traballamos un tema moi interesante: AS ORIXES DA MEDICINA.
Para coñecer ben as orixes, investigamos sobre a Prehistoria e a Idade Antiga, máis concretamente o mundo de Exipto.
Ademais, investigamos sobre as propiedades medicinais das plantas.
Finalmente, realizamos un mural co que investigamos e un programa de radio no que falamos da Medicina na Prehistoria. Aquí tedes o enlace: A MEDICINA NA PREHISTORIA
martes, 16 de febrero de 2021
ACTIVIDADES DE NOVEMBRO
Bos días a todos! Fai tempo que non nos pasamos por aquí, pero eso non significa que deixáramos de traballar, ao contrario! Traballamos tanto que non nos deu tempo de subir os nosos traballiños ao blog!
Así que aquí tedes algúns dos traballos que fixemos durante o primeiro trimestre! Estades preparados?
Primeiro, durante o mes de novembro, tivemos os martes pola mañá un obradoiro de emocións. Ivonne ensinounos entre outras cousas que ningunha emoción é mala, e que podemos xestionar cada unha de elas nós mesmos.
Durante este mes tamén aprendimos a facer chapas, e realizamos unha o 25N, o Día internacional da Non Violencia contra as mulleres!