lunes, 21 de junio de 2021

A REVISTA DO COLE!

 Boas tardes a todos!

Este curso está a piques de rematar, un curso moi especial e diferente aos demais pero no que os nosos detectives e os demais compañeiros tivemos moitas ganas de aprender cousas novas. O proxecto deste curso foi A TOPE COA SAÚDE! Os nosos detectives investigaron sobre a historia da medicina e sobre a actividade física.

Na Revista Escolar Agromar aparecen entre outros traballos, as noticias dos nosos detectives. Esperamos que gocedes da lectura! Boa fin de curso! 



Apertas!

viernes, 30 de abril de 2021

A ACTIVIDADE FÍSICA

 Os nosos detectives de terceiro realizaron un programa de radio con información moi interesante sobre a Actividade Física, para o noso proxecto "A tope coa saúde!" Queredes escoitalo? 

Seguro que vos vai gustar! E seguide os conselliños que nos propoñen os detectives!




Apertas!

domingo, 18 de abril de 2021

OS COCIÑEIROS DE TERCEIRO

Bos días a todos!

Hoxe temos o pracer de presentarvos o vídeo das receitas de cociña dos nosos detectives!! A verdade é que teñen unha pinta deliciosa!! 😋

Se queredes ver o ben que se desenvolven na cociña e diante das cámaras, invitámosvos a que lle botedes unha ollada ao vídeo dos nosos cociñeiros! Eso sí, collede lapis e papel e apuntade os ingredientes, porque seguro que queredes facer as receitas vos mesmos! Disfrutade do vídeo! 😉





Apertas!



jueves, 18 de febrero de 2021

O ENTROIDO!

Bos días a tod@s!

Este curso tivemos un Entroido diferente, pero aínda así os detectives o pasamos xenial! Durante a semana, ensaiamos a nosa canción, preparamos os nosos disfraces e ensaiamos o noso vídeo. 
O venres nos disfrazamos de atletas olímpicos, cantamos, bailamos e tamén participamos no videoclip de todo o cole! Queredes velo?
 Aquí o tedes!













O NADAL


BOS DÍAS A TODOS!
Neste entrada, ensinarémosvos todos os traballiños que fixemos para celebrar o Nadal: Postais, chapas, contos, unha obra de teatro para o Festival de Nadal, e ata tomamos "os gusanitos das doce campanadas!". Aquí tedes algunhas fotos dos nosos traballos. Esperamos que vos gusten tanto como gozamos nós facéndoos!















 


A TAREFA DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO NOSO PROXECTO

 Bos días! 

Este curso estamos traballando o proxecto: A TOPE COA SAÚDE! 

Por este motivo traballamos un tema moi interesante: AS ORIXES DA MEDICINA. 

Para coñecer ben as orixes, investigamos sobre a Prehistoria e a Idade Antiga, máis concretamente o mundo de Exipto. 


Ademais, investigamos sobre as propiedades medicinais das plantas.


Finalmente, realizamos un mural co que investigamos e un programa de radio no que falamos da Medicina na Prehistoria. Aquí tedes o enlace: A MEDICINA NA PREHISTORIA






 

martes, 16 de febrero de 2021

ACTIVIDADES DE NOVEMBRO

 Bos días a todos! Fai tempo que non nos pasamos por aquí, pero eso non significa que deixáramos de traballar, ao contrario! Traballamos tanto que non nos deu tempo de subir os nosos traballiños ao blog!

Así que aquí tedes algúns dos traballos que fixemos durante o primeiro trimestre! Estades preparados?


Primeiro, durante o mes de novembro, tivemos os martes pola mañá un obradoiro de emocións. Ivonne ensinounos entre outras cousas que ningunha emoción é mala, e que podemos xestionar cada unha de elas nós mesmos.








Durante este mes tamén aprendimos a facer chapas, e realizamos unha o 25N, o Día internacional da Non Violencia contra as mulleres! 





Neste mes, en Ciencias da Natureza traballamos moito sobre as funcións vitais dos seres vivos, e máis concretamente sobre A NUTRICIÓN. Gústanvos os nosos traballos? A verdade é que estes detectives o fixeron moi ben!





Por último, cada un de nós fixemos unha silueta, e despois os nosos compañeiros escribiron cousas boas de cada un. A verdade é que tempos moitas cousas positivas que quizais non cñecíamos pero que os nosos compañeiros as valoran! Hoxe sentímonos moi ben!






Esperamos que vos gustaran os nosos traballos! 

Apertas!